mércores, 11 de maio de 2016

Manuel María - Letras Galegas 2016

Manuel María
O próximo martes é o día das Letras Galegas. Este ano está adicado ó escritor Manuel María.

No cole fixemos un mural moi bonito, inspirándonos no debuxo de Leandro Lamas do libro de ¨ Canta o cuco ¨.

Aquí vos deixo o resultado final do mural, onde cada curso colaborou. 

Para nós, Manuel María: 

* É fala.
* É música.
* É vida.
* É Galiza.
* É poesía.




Na clase de música estivemos vendo a canción de Suso Vaamonde ¨O cuco¨, pero déixovos aquí un enlace con máis poemas musicados de Manuel María, feito por Marisol, unha profe de música xenial. 


Pinchade enriba da imaxe para entrar.


Tamén estamos vendo esta canción tan bonita de Najla Shami, inspirada en Rosalía de castro. Déixovos a letra e o vídeo, no que canta con Sergio Tannus. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario