mércores, 30 de marzo de 2016

Os picapedra

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º imos aprender a banda sonora dos Picapedra.
Primeiro coa frauta, e se sae ben engadirémoslle acompañamento cos instrumentos de placas. 

Pinchade enriba da primeira imaxe para ver e escoitar a partitura. 

http://jorgedelicado.wix.com/picapiedra

O acompañamento con placas sería este:

 
Oxalá nos saia xenial! :)

luns, 28 de marzo de 2016

Rap del FA

Con esta divertida canción de Pedro Sánchez, os nenos/as de 3º e 4º practicaremos unha nova nota, a nota FA.


Pinchade encima da partitura para entrar no Wix e escoitar a música, porque ademáis de tocar imos cantar rapeando. 
Preparad@s?

http://eroba5.wix.com/flauta4#!__master-page-11

 A practicar!

Canto aquí, canto na Habana - Sés

Unha das miñas cancións favoritas é esta, de Sés. Imos aprendela na clase e a ver se algún curso se anima para bailala e cantala en fin de curso. 

Déixovos a música, a letra e un vídeo de Sés cantando e tocando a guitarra. 
Espero que vos guste! :)

  

 

luns, 14 de marzo de 2016

Os números

Aquí vos deixo a canción que estamos traballando os nenos/as de Infantil, 1º e 2º. Esta canción podédela atopar no segundo CD de María Fumasa que se chama ¨ Xiqui Xoque Fiú Fiú¨.
Ademáis de relaxarnos con ela (xa que é moi tranquila), tamén traballamos os números. 
Aquí podedes ver o vídeo no youtube.