venres, 29 de xaneiro de 2016

Escatumbararibé - Ritmos con vasos

En 4º 5º e 6º imos traballar a percusión con vasos, a través dunha canción brasileña moi bonita chamada:
¨ Escatumbararibé ¨

A continuación poñovos un vídeo para que poidades ir practicando o que aprendemos na clase. 







Tamén vos deixo unhas sílabas coa imaxe para ir paso por paso e a partitura, para unha vez que saia o ritmo, poidamos cantala e/ou tocala.




  E mirade qué versión máis rápida:



A PRACTICAR!!

venres, 22 de xaneiro de 2016

LOVE IS THE ONLY WAY!

Cómo me gusta esta canción... 
Xa que estamos traballando a PAZ, aquí vos deixo esta estupenda canción de Macaco, para que a disfrutedes. 
Porque o amor é o único camiño para a paz:


 ¨ Cause for the world, you are someone, 
but for someone you´re the world... ¨

¨ Porque para el mundo eres alguien,
pero para alguien, eres el mundo...¨
 


martes, 12 de xaneiro de 2016

APERTAS QUE VOAN

Esta canción será a que imos aprender para o Día da Paz, que é o 30 de Xaneiro, aínda que no cole o celebraremos o día 29.

Déixovos a letra:




e tamén un vídeo moi bonito coa canción. 
A ver se vos gusta. 
Na clase aprenderemos uns xestos para acompañala. Ide practicando.




xoves, 7 de xaneiro de 2016

CHEGOU O INVERNO - Vivaldi

Coñeces o compositor Vivaldi? Aquí vos deixo un vídeo de unha das súas composicións máis famosas.
A ver qué vos parece.