mércores, 6 de abril de 2016

Bailando con Rosiña

Os alumnos/as de infantil, 1º e 2º de primaria, van a traballar unha canción de Carlos Núñez & Kepa Junquera.

Chámase ¨Bailando con Rosiña¨ .
Un musicograma é un debuxo que nos serve para comprender mellor a música. Pintarémolo para saber as partes da canción, e para saber onde tocar cos diferentes instrumentos de pequena percusión: pandeiros, triángulos, maracas e caixas chinesas.
Aquí o tedes sen colorear:

Tamén vos deixo un vídeo para que vexades qué ben o fan estes nenos/as. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario