sábado, 25 de xuño de 2016

TEU O MUNDO É!

Quería dicirvos que estiven moi contenta de estar como profe de música no CEIP A ponte do Porto, lévome moitas cousas boas e paseino xenial!

Sen dúbida botareivos moito de menos e desexo que para o ano contedes con un/unha profe que vos ensine moitas moitas cousas, porque unha das cousas máis importantes que temos na nosa vida é a MÚSICA! 

Deséxovos un FELIZ VERÁN e que consigades todo o que vos propoñades. 
Como di a canción de Paco Nogueiras: ¨ MEU (teu) O MUNDO É!¨



Unha forte aperta e ata sempre! 

 ANA

martes, 14 de xuño de 2016

Verano en Brasil - Nota Re

Chega o verán e con el a última partiturapara os nenos e nenas de 3º e 4º: ¨ Verano en Brasil ¨



Con ela  imos traballar a nota Re. 

Pulsade enriba da partitura para entrar nela e poder escoitar o audio. 
Espero que vos guste!

http://mariajesusmusica.wix.com/verano-brasil


 

mércores, 25 de maio de 2016

Si me voy - Ritmo con vasos de Paula Rojo

En 5º e 6º estamos aprendendo a canción de Paula Rojo ¨ Si me voy¨. Aquí tedes a letra da canción:
















Tamén vos deixo un tutorial para aprender o ritmo con vasos:



E o videoclip para cantar e tocar. 


A ver se o alumnado de sexto é capaz de cantala e tocala para fin de curso, xa que o ano que vén deixan o cole para ir ó instituto, qué mellor canción ca esta para despedirse?

Agardo que vos guste!  :)

venres, 13 de maio de 2016

Rock en New York (As maimiñas) - 4º Primaria

En 4º de primaria estamos aprendendo esta canción que vai acompañada duns pasos. 
Aquí vos deixo a letra, a música e un vídeo de outro cole onde tamén a cantan e bailan. 








xoves, 12 de maio de 2016

Blowing in the wind! - Bob Dylan


Os nenos/as de 5º e 6º, imos ver en frauta unha canción de Bob Dylan: Blowing in the wind. 
Pinchade encima da imaxe para entrar.



Tamén vos deixo o vídeo de youtube coa letra. 

mércores, 11 de maio de 2016

Manuel María - Letras Galegas 2016

Manuel María
O próximo martes é o día das Letras Galegas. Este ano está adicado ó escritor Manuel María.

No cole fixemos un mural moi bonito, inspirándonos no debuxo de Leandro Lamas do libro de ¨ Canta o cuco ¨.

Aquí vos deixo o resultado final do mural, onde cada curso colaborou. 

Para nós, Manuel María: 

* É fala.
* É música.
* É vida.
* É Galiza.
* É poesía.




Na clase de música estivemos vendo a canción de Suso Vaamonde ¨O cuco¨, pero déixovos aquí un enlace con máis poemas musicados de Manuel María, feito por Marisol, unha profe de música xenial. 


Pinchade enriba da imaxe para entrar.


Tamén estamos vendo esta canción tan bonita de Najla Shami, inspirada en Rosalía de castro. Déixovos a letra e o vídeo, no que canta con Sergio Tannus. 



Cantando na aula


Déixovos aquí algúns vídeos feitos na aula de música e tamén algunha actuación para que poidades ver...

A ver se vos gusta!
Irei poñendo máis nas próximas semanas.


martes, 3 de maio de 2016

Twist e a nota Mi

Imos aprender a nova nota en frauta, o Mi. 


A seguinte canción que imos ver na clase vai a ser Twist, na que precisamos esta nota. Aquí vos deixo a partitura para que vaiades practicando e así tamén podedes escoitar o audio. 

Pinchade enriba da imaxe.

http://mariajesusmusica.wix.com/twist

Espero que vos guste! :)