venres, 26 de febreiro de 2016

Bajo el mismo sol - Si Bemol

Imos comezar a mirar unha nova partitura para frauta para 5º e 6º: 
¨ Bajo el mismo sol¨
 (Álvaro Soler & J.López)

Así practicaremos unha nova nota na frauta: SI BEMOL.


 Déixovos un vídeo coa partitura interactiva:


...e a letra da canción. 





Espero que vos guste!
A practicar.

venres, 19 de febreiro de 2016

O día de Rosalía

O 24 de Febreiro festéxase o día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento.
Foi unha poeta e novelista en lingua galega e castelán que naceu en Santiago de Compostela no 1837. 

Rosalía era romántica, sensible, e loitadora. Encantáballe a súa Galicia, coa súa fermosura, que defendía con bonitas palabras. 

Para recordala, dende música déixovos unha bonita canción inspirada na súa alborada, cantada por Uxía no libro/cd ¨ Rosalía Pequeniña ¨.
Con letra e co audio. 



 

Tamén vos deixo outra canción do mesmo CD de Uxía, chamada Rosalía Pequeniña, canción que estamos escoitando estes días no cole para as entradas e saídas. 
Desexo que vos guste! :)


La flor - Instrumentos de placas

Os nenos e nenas de 1º e 2º tiveron a primeira experiencia cos instrumentos de placas, e a verdade é que gustoulles moitísimo!

A partitura que estivemos mirando é esta que vos deixo. Para a semana seguiremos, porque eles tamén son quen de tocar estes instrumentos...



luns, 15 de febreiro de 2016

A canción da percusión


Nas próximas clases aprenderemos A canción da percusión, do libro/cd ¨Pitusa Semifusa¨ de Olga Brañas.
Coñeceremos así esta gran familia de instrumentos, todos moi diferentes, aproveitando que estamos tocando as placas.
Aquí vos deixo a letra e tamén o audio. 

venres, 12 de febreiro de 2016

Big Band Placas

 
Imos comezar unha nova partitura para interpretarer con instrumentos de placas e frauta.
 
 

Pinchade enriba da imaxe para acceder á partitura e ó audio.
 
 
http://mariajesusmusica.wix.com/bigband

mércores, 3 de febreiro de 2016

Polka, frauta

Aquí vos deixo esta partitura que imos aprender os nenos/as de 3º e 4º de primaria. 

Trátase dunha Polka, na que traballaremos unha nova nota, o RE´



Tamén experimentaremos a velocidade da música, xa que cada vez vai máis rápido. Seredes quen de tocala enteira?
Pinchade encima da partitura para poder escoitar tamén o audio. 


http://jorgedelicado.wix.com/libro-quinto#!__polka