venres, 25 de decembro de 2015

BIM BAM BIRI

A última semana de clase comezamos a ver este xogo con percusión corporal (palmas, chasquidos e pernas). 


Á volta de Nadal practicarémola máis, a ver se somos capaces de facela tan rápido como a fan estas rapazas.


domingo, 20 de decembro de 2015

Beethoven!

O xoves 17 de decembro, o compositor  Ludwig Van Beethoven facía o 245º aniversario... 
Foi un dos máis grandes compositores da historia e dende o blogue quería que o recordásemos. 

Aquí vos deixo uns vídeos para escoitar algunhas das súas obras máis importantes como: Para Elisa; Claro de Luna; La Quinta Sinfonía... 
A ver se vos sona algunha!

 
  

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                  
Todo o que queirades saber sobre este famoso compositor podedes atopalo nesta xenial páxina. Só tedes que premer na imaxe e entraredes na casa de Beethoven e pinchando en cada obxecto da súa casa descubriredes un montón de cousas. 

http://www.beethoven-haus-bonn.de/hallo-beethoven/fullscr_e.html

No segundo trimestre podemos aprender en frauta unha das súas obras tamén moi coñecida. Aquí vos deixo a partitura, por se queredes ir botándolle un ollo.Pinchade enriba para escoitar tamén o audio.

http://musicavicenteochoa.wix.com/el-himno-a-la-alegra#!page-4

luns, 7 de decembro de 2015

¨TODO VALE DENTRO DE LOS SUEÑOS¨



Xa non queda nada para as vacacións de Nadal. Para facer a espera máis doce, aquí vos deixo unha canción súper bonita, a ver se vos gusta tanto como a min...





 E para rirnos un pouco cos Minions, aquí vos deixo outro vídeo:

xoves, 26 de novembro de 2015

Cantamos os Reis

Só faltaba por subir a canción do alumnado de 1º de primaria, e aquí está. É unha canción de Mamácabra. Cantarán e despois bailarán unha muiñeira, estades preparad@s?


E déixovos tamén o audio!

martes, 24 de novembro de 2015

Navidad Rock

A canción para 3º de Primaria é Navidad Rock. Cantarémola e bailarémola. Aquí queda a letra: 



O audio: 

venres, 20 de novembro de 2015

Volver a casa por Nadal

Enestamos aprendendo unha do Xabarín! Lembrádesvos del?
Aquí está a letra...


E aquí o audio. 


Ritmo sabroso


Hoxe en 5º tamén comezamos a mirar a nosa aportación para o festival. 
Trátase de un chachachá que tocaremos cos instrumentos de placas, maracas e güiros ademáis de cantala... 
Tamén aproveitaremos que temos uns bailaríns profesionais na clase! 
Qué ganas de ver o festival, a que sí?
A ver qué tal nos sae! 
Aquí tedes o audio para ir practicando:

xoves, 19 de novembro de 2015

A luz de Nadal


Hoxe o alumnado de 2º de Primaria comezamos a preparar a nosa canción para o festival de Nadal, que se chama ¨ A luz do Nadal ¨ de Mamácabra.

Ademais de cantar imos acompañar con pandeiretas e as maracas (percusión de altura indeterminada). Aquí vos deixo a letra para seguila practicando:

e tamén o audio, para escoitala:


Oxalá nos saia xenial e vos encante! :)

mércores, 18 de novembro de 2015

Rudolph!

Estase achegando o Festival de Nadal, por iso en música estamos preparando as actuacións.

En 6º comezamos hoxe a mirar esta partitura, algo máis difícil posto que engadimos novas notas. Para repasalas poño aquí unha imaxe da colocación de cada unha: 


Tamén vos deixo un enlace para practicar as posicións das notas de maneira divertida, da páxina ¨aprendo música¨.
Pulsa enriba da seguinte imaxe: 



E a continuación tedes a partitura que vos din na clase, aquí púxena algo máis bonita, oxalá vos guste: 

Tamén vos deixo o audio...
Versión lenta: 

luns, 16 de novembro de 2015

Ó RITMO II

Continuamos coas figuras musicais e esta vez tócalle o turno ás dobres corcheas!

Imos a practicar os ritmos con dobres corcheas, negra e silencio de negra, todas estas figuras valen 1 pulso. 

Preparados/as?

http://www.aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html

PULSA CO RATO ENRIBA DO NENO E...
 A XOGAR!!



:)

xoves, 12 de novembro de 2015

O Magosto Musical


¨ A castaña na lareira fixo pum! e rebentou

ai! pobriña da castaña, vaia golpiño levou¨




Mañá imos celebrar no cole o gran magosto musical. 

Haberá actuacións por parte do alumnado que tocará diferentes instrumentos e tamén todo o cole cantaremos dúas das cancións que levamos vistas na aula de música: ¨ Arao¨ e ¨ Pan de Millo¨. 
Comeremos castañas ricas e pasarémolo xenial!

No cole temos un mural ben bonito con unhas castañas moi artistas... Fixástesvos? 

(Idea proposta polo Equipo De Normalización Lingüística)



Qué bonitas quedaron!!

O director - 3º Primaria
Dona Maracas Ed. Infantil: 3/4
Dona pandereitona - Ed.Infantil: 4/5

Dona guitarreira - 1º Primaria
Dona arpeira - 2º Primaria
Dona gaiteira - 3º Primaria
Dona pianeira - 4º Primaria

Dona acordeonista -  5º Primaria

Dona Violina - 6º Primaria

Dona saxofona - 6º Primaria
 

E a nosa canción para o magosto 2015: ¨Arao¨


FELIZ MAGOSTO!!!  :)

sábado, 7 de novembro de 2015

FUTURAMA


A próxima partitura que imos aprender para tocar na frauta, chámase Futurama


http://mariajesusmusica.wix.com/futurama

Facede click enriba do robot para escoitala e ver o Wix, de María Jesús. 





Con ela practicaremos as notas da man esquerda: sol, la, si e do´
Aquí vos deixo a partitura que vos darei nas próximas sesións.


Oxalá vos guste moito. 

Próximamente, hai que ir pensando no Festival de Nadal... 
Ídevos preparando!
Un saúdo.

martes, 3 de novembro de 2015

O Magosto

Despois do Samaín e as súas cabazas xa se achega o Magosto, coas súas ricas castañas. 



Para iso imos aprender a canción ¨Arao¨ do CD. Pelo Gato 24, e imos acompañala con un pequeno baile que intentaremos facer todo o colexio xunt@s o 13 de Novembro. 

Aquí vos deixo a música para que a poidades escoitar.






Outro vídeo divertido da canción! :)

venres, 23 de outubro de 2015

No Samaín!

O Outono é época de colleita: de millo, de cabazas, de castañas...
Ata agora estivemos co millo. Pero agora chega o Samaín...



...e as cabazas que iremos traendo para decorar os corredores do noso cole!


Dende música propóñovos dúas cancións súper divertidas.

A primeira (con conto incluido) para @s máis pequen@s: ¨ Corre Corre Cabaciña¨:





E para @s máis maiores do cole ¨ No Samaín¨ de Paco Nogueiras do CD. Brinca Vai. Estade moi atentos/as porque soará no cole durante a semana. 




Agardo que vos gusten! 

:)

mércores, 14 de outubro de 2015

Unha ambulancia no cole

Con esta canción imos traballar o DO´ agudo en frauta! E co DO agudo e o LA temos o son máis parecido o de unha ambulancia. 

Ademáis de practicar estas dúas posicións na frauta, tamén imos cantar a canción. 

Chegou a AMBULANCIA, tod@s preparados? Pinchade enriba da imaxe para ver o vídeo e escoitar a canción!


martes, 13 de outubro de 2015

Ó RITMO!

Imos repasar esta semana o valor da negra e o seu silencio primeiro con palmas e logo con instrumentos de pequena percusión.
Para iso temos que escoitar atentamente e reproducir os ritmos que soen. 

Facede CLICK na imaxe para ir practicando...


martes, 6 de outubro de 2015

Pan de millo.

Como estamos no tempo e rodeados de millo, imos aprender en clase esta canción tan chula de Migallas. Ademáis de cantala acompañámola con xestos.
No cole iremos vendo moitas cousas relacionadas co millo: estade atentos/as!
Aquí tedes a letra e tamén o vídeo, para repasala!

:)



venres, 2 de outubro de 2015

Duérmete!

Seguimos coas notas en frauta...



Xa practicamos o SI e o LA e agora engadimos a nota SOL.




A TOCAR!!

Paco Papán

Paco é un neno un pouco vago e non lle gusta nada ir ó cole. Por iso súa nai, cansada de berrar con el, mándao buscar traballo.
Pero ó pobre de Paco non se lle da demasiado ben traballar. Será porque os nenos/as debemos ir á escola a aprender moitas moitas cousas...


Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, coñecimos en clase de música o conto de Paco e a súa canción. 
Con ela repasamos os días da semana, algunhas profesións (como sastre, carpinteiro/a, panadeiro/a...), aprendimos a cantala, acompañámola con xestos e tamén con instrumentos de percusión: pandeiretas, maracas, caixas chinesas, crótalos...



Queredes escoitala? 




A CANTAR!!

mércores, 23 de setembro de 2015

Souvenir de Vals! (si - la)

Continuamos repasando as notas SI - LA na frauta. Nalgúns cursos repasamos estas notas a través de Rondín Pikotín, e noutros a través desta.

:)




martes, 22 de setembro de 2015

Rondín PiKotín!

Comezamos coa FRAUTA recordando uns consellos que nos ensina Arale: 


Primeiro 2 notas, da man esquerda: SI - LA 

Practicámolas e logo imos comezar tocando a canción dun cabalo salvaxe moi divertido!

Pinchade aquí:  RONDÍN PIKOTÍN

luns, 21 de setembro de 2015

As 7 notas musicais

Sabedes as notas musicais?
Esta semana nalgúns cursos imos aprendelas (ou repasalas) con axuda de unha canción.


Se queres escoitala dálle no enlace, no libro que aparece pinchar co rato encima e dálle ó play. 

E... a cantar! :)






luns, 14 de setembro de 2015

I LAVA YOU!!!!!


CONCURSO: O INSTRUMENTO OCULTO


Hola a todos/as!


Que vos parece este corto de Pixar súper bonito, ¨ I lava you!¨?

Puiden velo un día no cine antes da película ¨ Del revés¨ (Inside out), moitos de vós seguro que xa o coñecedes.
Pois veredes, conta a historia de un volcán que tamén quería amor para él... e quen non?

Este corto leva unha canción moi pegadiza que vai acompañada dun instrumento... quen me sabería dicir de qué instrumento se trata e a qué familia pertence?

Coñecerémolo na clase e ensinaréivolo para que o vexades.

Aquí tedes o vídeo coa canción en castelán e tamén en inglés, para os máis atrevidos e atrevidas.


En castelán:



En inglés:



A CANTAR!!!!!

xoves, 10 de setembro de 2015

OLA, OLA, LÁ!!

Cando chegamos a un sitio que é o primeiro que facemos? Eu téñoo claro: decir ¨ Ola¨ e presentarnos!!!!

Por iso a primeira canción coa que empezamos o curso é esta, do grupo MamáCabra.


O primeiro día de clase ¨xogamos¨ coa cación, e ademais de cantala acompañamos con pitos, palmas e pés... porque co corpo tamén se pode facer música !!! (percusión corporal).


Ademais para facelo máis divertido, en grupos de 4 nenos/as fomos saindo ó centro da clase para ir saudando  ós compañeiros/as, despois de todo o verán xa se botaba un pouco de menos o cole, ou non?

Fomos cambiando os nomes que aparecen na canción polos nomes da clase, e improvisando un xesto que nos describa.




... tamén o vídeo en youtube para que a poidades escoitar tantas veces como queirades.




A CANTAR!!

martes, 1 de setembro de 2015

QUE COMECE A MÚSICA!

Benvidos ó Blog de Música do cole:


Espero que disfrutedes moito del e vos sirva de axuda na vosa aprendizaxe. 

Ó longo deste curso poderedes ir ollando o que imos traballando na aula así como moitas cousas máis.

Estades preparados? 

Comecemos un novo curso con moitas ganas!

:)